Imos reciclar

Sabemos que é reciclar? Seguro que a todos nos soa esa palabra, e sabemos que hai contenedores de distintas cores.


Reciclar, é, básicamente, obter novos materiais a partires de outros xa utilizados. Na aula, xa practicamos a reciclaxe no primeiro trimestre, cando fixemos uns zancos con latas de conservas baleiras.

Tamén utilizamos materiais de refugallo na elaboración de cogumelos con cartóns de papel hixiénico, tamén no primeiro trimestre

Aquí temos un pequeno vídeo onde nos aprenden a reciclar:


E, por último, unhas actividades para repasar e afianzar o que aprendemos sobre a reciclaxe

 

E ti? Tes algunha outra forma de reutilizar materiais na casa?

Publicado en actividades na aula, Consumo | Deixa un comentario

O aforro nos medios de transporte

Os medios de transporte son a principal fonte de consumo de petróleo. Polo tanto, son os maiores responsables de verter á atmosfera gases de efecto invernadoiro. E, cales son os principais medios de transporte?

 

 

Como é lóxico, canto mais poidamos reducir o uso dos medios de transporte, menos contaminaremos. O coche, ó ser o vehículo mais utilizado, é no que mais podemos aforrar.

Agora, coa axuda de Google Maps, imos averiguar a distancia que hai desde a nosa casa ó colexio:

 

 

Cando localicemos a nosa casa no mapa, coa axuda do botón dereito do rato, poderemos marcar a ruta dende alí ata o colexio (distancia X). Agora temos que calcular cantos quilómetros facemos á semana, tendo en conta que ese traxecto o facemos dez veces nese periodo (10 veces X).

E, por último, calcular canto CO2 se verte na atmosfera, sabendo que un coche produce 150 gr. dese gas por quilómetro (150 x 10 = 1500gr = 1,5kg por quilómetro á semana).

E se miramos canto contaminamos ó mes? (4 semanas = 6kg de CO2 ó mes por quilómetro) E en todo o curso? (6kg x 9 meses = 54 kg de CO2 por quilómetro por curso)

Eses números marean. E como podemos reducilos?

  • Andando. Camiñar, aparte de ser un aforro para o medio ambiente, é un dos exercicios mais sanos.
  • En bici. É tamén outra opción sana e non contaminante.
  • En bus. Aínda que o autobús tamén contamina, os medios de transporte colectivos son unha boa opción, xa que o consumo por viaxeiro é moito menor.
  • Compartindo coche. Se non queda mais remedio, podemos intentar compartir o coche con algún compañeiro que viva preto, ou facer turnos de transporte.

Aínda que pareza que un pequeno esforzo non vale para moito, entre todos podemos facer moito por contaminar menos

Publicado en Cambio climático, Consumo, Mobilidade | 5 Comentarios

A electricidade

Hoxe en día, nas nosas casas dependemos en gran parte da electricidade. Electrodomésticos, televisión, bombilas, ordenador… é moi difícil imaxinarnos hoxe en día un fogar sen electricidade.

Todos sabemos que a electricidade se produce nas centrais eléctricas, pero estas centrais non son todas iguais. Hai que distinguir dous grandes grupos:

  • As enerxías renovables, que utilizan como fontes de enerxía recursos que non se poden agotar (o vento, o sol, o curso dos ríos…)
  • As enerxías non renovables, que utilizan recursos que chegará un momento no que se poden agotar (petróleo, gas, carbón…)

 

 

 

 

 

 

Unha gran desvantaxe que teñen as non  renovables, é que son altamente contaminantes, e producen fumes e residuos que son en gran parte os responsables do cambio climático.

E agora imos aprender cómo chega esa enerxía ás nosas casas dende as centrais eléctricas:

 


 

 

Ó igual que pasaba coa auga, a enerxía eléctrica non é algo que se poida malgastar. Tamén temos algunhas normas de fácil cumprimento:

 

Non deixes ningún aparello eléctrico en “stand by”

Non malgastes a auga quente

Non utilices a secadora de roupa nun día de sol

Non deixes luces encendidas en habitacións baleiras

Non deixes cargadores de aparellos todo o día enchufados

Non metas comidas quentes na neveira

Utiliza bombillas de baixo consumo

 

 

 

 

E, coma sempre, para rematar, aquí tedes unha actividades para aprender mais:

 

Publicado en A enerxía, Consumo | Deixa un comentario

As estacións do ano

Xa vai rematar o inverno, e chegará o bo tempo; pero, por que se producen os cambios de
estacións?

Todos sabemos xa que as estacións son primavera, verán, outono e inverno. E por qué no inverno vai frío e no verán calor? Pasa en tódolos sitios igual?

Este ano estamos aprendendo que das estacións dependen o crecemento das plantas e as costumes dos animais. E tamén nós cambiamos os nosos hábitos se estamos en febreiro ou se estamos en agosto. Todo o planeta vai adaptándose segundo a época do ano na que esteamos:


Tamén podedes aprender cousas novas sobre as estacións e o tempo no seguinte enlace:

 

Preme para saber mais

Así, a próxima vez que vos poñades bañador no verán e bufanda no inverno, xa saberedes a que é debido.

Vémonos no cole!!!

Publicado en O clima, videos | Deixa un comentario

Como chega a auga á nosa casa?

 

Que é a auga? Cada vez que abrimos a billa, sae un chorro de auga, que non para ata que o pechemos. Será por arte de maxia? Nunca vos preguntástedes de onde ven a auga? Que pasaría se todos nós deixasemos as billas das nosas casas abertas a todas horas?

Aínda que o noso planeta está cuberto por auga na súa maior parte, só unha pouca é adecuada para o consumo, porque a auga do mar… ¡non se pode beber! O certo é que de cada cen vasos de auga que hai na terra, só poderiamos beber tres.

Quizais, en primeiro lugar deberiamos coñecer algo sobre o ciclo da auga. Que exista un ciclo da auga, quere dicir que a auga sempre está en movemento, cambiando dun estado gaseoso (vapor, nubes), líquido (ríos e mares) e incluso sólido (xeo e neve).

(preme na imaxe para saber mais)

 

E agora nos falta saber como é posible que poida chegar a auga ós nosos fogares:


Pero, agora que xa sabemos moito mais da auga, tamén sabemos que é un ben escaso, e que non podemos desperdiciar. E cales poden ser unhas normas para aforrar auga?

  • Non deixes a billa aberta cando laves os dentes
  • Dúchate en lugar de bañarte
  • Lava a froita nunha cunca, non debaixo da billa
  • Non deixes ningunha billa goteando
  • Se axudas a regar as prantas, faino ás horas nas que o sol non quenta moito, ou pola mañá ou cando se vai facer de noite

 

 

 

E para rematar, aquí tedes unha páxina para seguir aprendendo como aforrar auga:



Publicado en Auga, Consumo, videos | Deixa un comentario

Unha plantación de legumes

Este mes iniciamos un novo proxecto. Imos observar o crecemento das plantas, e o efecto da contaminación sobre as mesmas.

Para levalo a cabo, que mellor que plantar cada un de nós unha faba:


Ademais, unha vez comecen a medrar, imos facer uns mini-invernadoiros, para comprobar que lles pasa ás plantas se teñen aire fresco, fume de tabaco, ou dióxido de carbono (gas responsable do efecto invernadoiro)

O noso cultivo

Que credes que pasará con cada un dos mini-invernadoiros? En cal medrarán mais? Chegarán a morrer as plantas en algún deles? Agardo as hipóteses nos vosos comentarios.

Publicado en Cambio climático, videos | 1 Comentario

Ola mundo!

Comezamos unha nova experiencia aberta á participación de todos/as.

Que vaia para largo!!!

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario